Podcastblaster Podcast Directory  Podcast Directory

Podcast Search   
Podcast title c'mmonsbaby!
Website URL http://commonsbaby.blogspot.co...
Description

Unha produci򬟤e ictiosc򯨯 para ego99. Música baixo licenzas copyleft en casulas 30 minutos.
C'mmons baby! Light my player!

Updated Mon, 08 Feb 2010 20:35:33 +0000
Image c'mmonsbaby!
Category Music
Subscribe

Vote for this podcast
    Currently 5.00/5

Rating: 5.0/5 (1 vote cast)

Link to this podcast c'mmonsbaby!

Episodes

1. C'mmons Baby! #50 (bit! bit!)
Array download (audio/mpeg, 30.14Mb)

Description:

cmmons baby#50 bit bit

Chegamos á emisión 50 de C'mmons Baby! toca revisar o rumbo; entramentres facemos esta emisión chea de bits. Tiñamos algo esquecida a m&úsica electrónica, tan abondosa nas veigas dos netlabels. Tamén recibimos dous novos selos, o franés Trazart e o galego O Toxo Rabudo.

Se tedes ideas para renovar o programa deixade un comentario ou mandade un correo a ictioscopio@gmail.com. (32m53s).

Enlaces relacionados: Budabeats; D'r Sjaak en WM Recordings; Phlow; 23 seconds; Trazart; O Toxo Rabudo.



2. C'mmons Baby! #49 (debaixo da manta)
Array download (audio/mpeg, 24.93Mb)

Description:

c'mmons baby!#49 debaixo da manta
Aínda que hoxe saíu o sol, levamos un tempo no que se non chove vai frío, e se non vai frío chove. Esta climatoloxía convida a deitarse no sofá debaixo dunha manta e relaxarse con bebidas quentes e músicas moles. Hoxe traemos un feixe de cancións calmas para acompañarvos nestes curtos, aínda que cada vez menos, días de inverno. (27m11s)

Enlaces relacionados: 12rec.net; Cashmusic; Vosotros; Aaahh Records; Betty Argo; Jamendo; Lemonjohn; cllct; Bandcamp.



3. Sorteo do concursiño 2º Cabodano de C'mmons baby!
Array download (video/vnd.objectvideo, 88.98Mb)

Description:
Aquí vos deixo o vídeo do sorteo para demostrar que non houbo trampa nin cartón ;)
Nos próximos días imos pórnos en contactos cos afortunados para acordar como e cando achegarlles os premios.

Parabéns aos premiados!!


4. C'mmons Baby! #48 (ano de neves)
Array download (audio/mpeg, 26.40Mb)

Description:

commons baby 48 ano de neves
Comeza o ano con frío e nevaradas; di un refrán castellano que Año de nieves, año de bienes, que sexa certo.

Na primeira metade lembramos estes pasados días de Nadal ou Solsticio de inverno ou whatever, dámoslle ao funky-soul e invocamos ao sol. Na segunda metade facemos unha curta viaxe polas novidades galegas das últimas semanas. Falamos pouco e andamos lixeiros que había que quencer o corpo... (28m48s)

Enlaces relacionados: Rack & Ruin Recordst; Bandcamp; Rock Proper; Pressing Catch BerroBamBam.



5. C'mmons Baby! #47 (entrevista a Wild Honey)
Array download (audio/mpeg, 37.34Mb)

Description:

c'mmons baby!#47 entrevista a wild honeyHoxe entrevistamos a Guillermo Farré, alma mater de Wild Honey. Falamos do seu primeiro LP Epic handshakes and a bear hug, do seu especial xeito de distribuilo e da cuestión das licenzas de publicación e o hermetismo da SGAE respecto das licenzas Creative Commons.
A foto que ilustra o episodio de hoxe é de Pablo Serret, quen tamén deseñou a espectacular portada do disco de Wild Honey. (40m42s)
Enlaces relacionados:Pablo Serret; Sacramento ; Bandcamp.


6. C'mmons Baby! #46 (o poni bravo xoga futebol no ollo do tigre)
Array download (audio/mpeg, 31.81Mb)

Description:

c'mmons baby!#46 o poni bravo xoga futebol no ollo do tigre Nesta tarde de futebol traemos unha saca chea de cousas: animais salvaxes, lóstregos, recomendacións e notas de prensa, guitarras... Na segunda parte temos sabor a produtos galegos, produtos con denominación de orixe e calidade. Ah, e non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (34m42s)

Enlaces relacionados: Mamushka Dogs; Jamendo.com; Delhotel Records; A Regueifa; Pressing Catch (Berrobambán)



7. C'mmons Baby! #45 (tesouros agachados)
Array download (audio/mpeg, 28.38Mb)

Description:

c'mmons baby!#45 tesouros agachados Despois de dous anos, seguimos procurando na rede eses tesouros musicais agachados na rede que podedes baixar libremente. Lembramos o quinto aniversario de WM Recordings e o seus album número 100... Non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (Duración: 30m57s)

Enlaces relacionados: In a cabin with; Música Livre; Roberta Campos en Jamendo; WM Recordings; Rack & Ruin Records; Earl Greyhound en Cashmusic.



8. C'mmons Baby! #44 (segundo cabodano)
Array download (audio/mpeg, 23.60Mb)

Description:

c'mmons baby!#44 segundo cabodano

Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby!

Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concursiño: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)

Enlaces relacionados: Peppermill Records; In a cabin with.



9. C'mmons Baby! #43 (cousas de familia)
Array download (audio/mpeg, 25.93Mb)

Description:

c'mmons baby!#43 cousas de familia Nestes días cadrounos topar dúas bandas que contiñan a palabra family no nome; por iso, e non por outra cousa, decidimos empregar a familia un pouco como fío condutor desta nova emisión de C'mmons Baby!28m17s)

Enlaces relacionados:WM Recordings; Cashmusic; Planeta X; Yes No Wave Music; Komunikando; Crestas e Imperdibles; Rockisome.



10. C'mmons baby! #42 (outono azul)
Array download (audio/mpeg, 23.48Mb)

Description:

c'mmons baby!#42 outono azul
Chegamos a emisión 42, a da resposta universal, mas temos que marchar de viaxe e improvisamos un C'mmons baby! breve para este comezo de outono. Poñemos a orella en Uruguai, Suecia, Brasil e os EUA para buscar esa cor azul das montañas e dos denim. (25m36s)

Enlaces relacionados: Lepork Records, Aaahh Records, Rack & Ruin Records.


11. Vídeo promocional de C'mmons Baby!
Array download (video/vnd.objectvideo, 28.52Mb)

Description:
O 2 de outubro de 2007 encetaba este blog anunciando a chegada de C'mmons Baby! Dous anos despois decidín facer un pequeno vídeo promocional, bilingüe galego-inglés. Agardo que vos preste, vos faga pasar un bo momento e fagades por espallar, polo mundo enteiro, as músicas que vos achego desde aquí.
Grazas a Under, por axudarme coa realización do vídeo, e a rachel por axudarme co inglés ;)


12. C'mmons Baby! #41 (entrevista a Carlos Barreiro)
Array download (audio/mpeg, 40.09Mb)

Description:

c'mmons baby!#41 entrevista a carlos barreiro

Entrevista a Carlos Barreiro, xornalista musical (Rock de Luxe, Rolling Stone, Fly Music, Sol Música, Público...). Falamos dos novos xeitos de distribución da música e dos rebiricos da relación entre os medios, os músicos e unha industria algo desorientada cos cambios que trouxo consigo a internet. (43m45s)

Enlaces relacionados:Poni Republic.



13. C'mmons Baby!#40 (rentrées)
Array download (audio/mpeg, 29.52Mb)

Description:

c'mmons baby!#40 rentrees

O mes de setembro é tempo de regresos, aproveitamos para achegarvos as novidades dalgúns dos nosos netlabels favoritos.

Enlaces relacionados:DelHotel; Yes No Wave Music; Poni Republic; Beep! Beep! Back up the truck; In a cabin with; Error! Lo-Fi; trastienda.org; PlanetaX.



14. C'mmons Baby!#39 (o domingo é un día normal)
Array download (audio/mpeg, 29.18Mb)

Description:

c'mmons baby!#39 o domingo é un día normal Regresamos despois da pausa de agosto (cun día de demora). Demasiadas novas músicas nestas semanas para traérvolas todas, aquí vai unha pequena escolma


15. C'mmons Baby!#38 (onde andará o sol)
Array download (audio/mpeg, 27.03Mb)

Description:

c'mmons baby!#38 onde andará o sol
Neste mes de agosto, dun verán de chuvias e nubes, chamamos polo sol para ver se quencemos dunha vez. Procurámolo en Maryland (EUA), na Cataluña dúas veces e outras tantas na Arxentina, en Portugal e nos Paises Baixos.
Imos marchar uns días de vacacións, que isto tamén dá traballo e ben merezo un descanso... regresamos non en quince días senón en vinteun, aló no 23 de agosto. Tomade o sol, mas con precaución e protección.
Enlaces relacionados: Rack & Ruin Records; Tercera Vía; Planeta X; De paso, disco debú dos D'Callaos; Oceansea en Jamendo.com; Mandarinas Records; WM Recordings.


16. C'mmons baby! #37 (entrevista a b fachada)
Array download (audio/mpeg, 29.11Mb)

Description:

cmmons baby!37 entrevista a b fachada Cun pouco de demora (desculpas) traemos a entrevista a b fachada, que realizamos no pasado mes de xuño no Porto, no Contagiarte. Participa na entrevista, preguntando, o amigo Isaac González condutor de Radioceánica, na Radio Galega Música. Tamén soa unha promo do podcast canario Doramas, que fala coma nós de músicas libres, e que presenta Miguel Acín.

A foto tomeina de Vera Marmelo. Obrigado a todos.

  • b fachada. Monogamia (versão monofónica)
  • b fachada. Soraia
  • b fachada. Zappa português
  • b fachada. O ciúme e a vergonha
  • b fachada. Zé!
Enlaces relacionados: entrevista a Noiserv; Merzbau; Flor Caveira; podcast Doramas.


17. C'mmons baby! #36 (festa de amigos)
Array download (audio/mpeg, 26.48Mb)

Description:

cmmons baby!36 festa de amigos
Levamos tres ducias de emisión e imos celebralo cunha pequena festa para os amigos: cancións que falan de amizade e desas persoas que están aí para soportar e axudar cando é preciso. Unha grande aperta para todos neste tempo de verán(?) e aniversarios; dedicado aos que se alegran de toparte pola noite, ou polo día, e abrazan e bican de corazón e con risos.
Aproveitamos tamén para presentarvos o sinxelo adianto do novo disco dos galegos Dios ke te krew. Enlaces relacionados:Uncle Owen Aunt Beru en Birdsong (netlabel); Volumina en Peppermill Records; We'll make it right en In a cabin with; Duobit en Neurotyka.


18. C'mmons baby! #35 (entrevista a noiserv)
Array download (audio/mpeg, 27.25Mb)

Description:

cmmons baby!35 entrevista a noiserv Hoxe traemos a primeira das entrevistas que realizamos o pasado 5 de xuño en Porto, aproveitando o concerto duplo que deran no Contagiarte: b (fachada) e noiserv.
David Santos, noiserv, falou con nós da súa música, da netlabel Merzbau (que o deu a coñecer) e da música como xeito de expresión máis que como negocio. Nos seus directos toca varios instrumentos a un tempo mentres por detrás del, nunha pantalla, van aparecendo os debuxos que a súa prima Diana vai realizando tamén ao vivo. Ela ilustrou tamén o seu primeiro disco, One Hundred Miles From Thoughtlessness. A foto que ilustra esta emisión é de Adriana Boiça Silva.
  • Noiserv. Tokyo girl
  • Noiserv. Download
  • Noiserv. Perkaholic
  • Noiserv. Bullets on parade

Enlaces relacionados: Merzbau.



19. C'mmons baby! #34 (fóra de tono)
Array download (audio/mpeg, 28.52Mb)

Description:

cmmons baby!34 fora de tono Fóra chove e dentro aínda sentimos a resaca de emocións musicais que b (fachada) e noiserv nos fixeron sentir no espazo cultural Contagiarte do Porto. Encetamos un novo espazo para músicas menos pop-rock, fóra de tono, a petición dun ouvinte; por recomendación doutro descubrimos ao Dúo Cobra e presentamos cadenseu segundo disco dos starstarsar e os The Wind Whistles.

Enlaces relacionados: A Regueifa; Aerotone; Clinical Archives; Rack & Ruin; Aaahh Records.



20. C'mmons baby! #33 (falares e unha toalla)
Array download (audio/mpeg, 29.70Mb)

Description:

cmmons baby!33 falares e unha toalla Aproveitando que o pasado 21 de maio foi o día da diversidade cultural, iniciamos o C'mmons baby! en inglés (:P) e facemos unha pequena viaxe por linguas aínda pouco "populares" á hora de cantar nesta península nosa: asturiano, éuscaro e catalán... Tamén polo aquel do DdoOL eR e o día da Toalla paramos un chisco en Portugal para darlle a bemvinda ao regresso do netlabel You Are Not Stealing Records. Rematamos cun adianto do xa inminente novo disco dos Ataque Escampe, A grande evasión. Enlaces relacionados: A Regueifa; You Are Not Stealing Records; Mundurat.net, musikherria.org; Seiurte; musicalliure.cat; Quimera Records; Toli Morilla; Xera.


21. C'mmons baby! #32 (árdelles o peito)
Array download (audio/mpeg, 27.12Mb)

Description:

cmmons baby!32 ardelles o peito Encetamos a semana das Letras, das nosas letras, facendo un pequeno repaso polas novidades na música libre galega destas últimas semanas. Fixemos especial detenemento na Regueifa Plataforma e Fanny + Alexander que, hai pouco, fixo os tres anos desque presentaran aquel Lusco e fusco, e apostaron por pór música aos novos valores da nosa literatura. Enlaces relacionados: A Regueifa; A Polo Ghit; Os John Deres en Nsaio; Komunikando.

22. C'mmons baby! #31 (nouvelle cuisine)
Array download (audio/mpeg, 37.98Mb)

Description:

cmmons baby!31 nouvelle cuisine
Levabamos xa tempo detrás dos Nouvelle Cuisine para que nos falasen do seu último disco "de memoria", aproveitamos que van tocar o 1 de maio no Festival do Norte para entrevistar a Carlos Lens, baterista da banda. Descúbrenos as sorprendentes aventuras e desventuras de sacar un disco fóra da "industria". Tamén temos unha pequena lembranza para o 25 de abril portugués, e despedimos ao netlabel Merzbau. Rematamos cun disco dos Keyboard Rebel (baixo o alcume de Slope) que fixeron alá atrás en apenas 24 horas pechados nun cuarto.

Enlaces relacionados: Nouvelle Cuisine no myspace; Merzbau; Lonxa Cultural; Festival do Norte; Keyboard Rebel.



23. C'mmons baby! #30 (sol ou chuvia)
Array download (audio/mpeg, 28.96Mb)

Description:

cmmons baby!30 sol ou chuvia Como andei de viaxe, estes días apenas tiven tempo de preparar a nova emisión do C'mmons baby! por tanto, imos improvisar un con menos palabras e máis música; ás veces con sabor a morriña e chuvia, ás veces con sabor a enerxía e a sol, como o tempo meteorolóxico que tivemos nesta semana de paixóns e folganzas. Enlaces relacionados: CASH music; Subroutine records; Indecisión metódica; A Regueifa; Crete Boom en Jamendo.c om; Rack&Ruin Records; Another Record.


24. C'mmons baby! #29 (proscritos voluntarios)
Array download (audio/mpeg, 31.24Mb)

Description:

cmmons baby!29 procritos voluntarios De cada vez hai máis músicos, xa con nome feito e sona, que fuxen das súas discográficas, rachando as cadeas que os atan, para sentirse libres e ter así o control da súa obra; para decidir eles o xeito, o onde e o cando distribuir a súa música. Hoxe en C'mmons baby! imos falar dalgúns deles. No blog Remixtures publicaron o artigo que nos inspirou e desde o cal partimos nesta viaxe.
Tamén desvelamos o gañador do concurso de Keyboard Rebel, con quen axiña imos contactar por correo electrónico para acordar como enviarlle o premio. Parabéns ao afortunado!

Enlaces relacionados: Remixtures; CASH music; NIN|JA 2009; o vídeo de Angil e Françoiz Breut no youtube.com; Françoiz Breut.



25. C'mmons baby! #28 (as musicas que venhen a nos)
Array download (audio/mpeg, 26.51Mb)

Description:

cmmons baby!28 as musicas que venen a nos

Depois de máis de tres anos pesquisando na rede músicas libres, e case ano e medio de C'mmons baby! chega un momento no que é a musica a que xa vén a nós e non precisamos de saír por ela.

Comezamos cunha pequena homenaxe a Tom Fahy (Quinn McCarthy) que finou o pasado verán aos 37 anos deixando atrás del e do seu ensemble máis de 50 álbumes gravados.

Achegámonos ao netlabel Headphone, especializado en música electrónica, despois de que o seu rexedor Tommy nos deixase unha nota no taboleiro de mensaxes do grupo de CB! no last.fm

Celebramos o agardado longa duración dos Quant, e seguimos co concurso aberto na emisión pasada: un lote de merchandising baby! (camisola + 3 chapas) e o CD-single dos Keyboard Rebel (My Lordship) a sortear entre os que respondan a unha sinxela pregunta, Como se chama o album debú dos Keyboard Rebel?... e anunciamos que o premio, se cadra, pode ser incrementado... non digo máis!

*Gosprom non é un trío como dixen, senón quinteto

Enlaces relacionados: Tom Fahy no archive.org; Headphonica; La Fanfare de la Fatalité no myspace; A Regueifa; Aaah! Records.



26. C'mmons baby! #27 (votamos por compartir)
Array download (audio/mpeg, 29.88Mb)

Description:

commons baby 27 (votamos por compartir)
Despois de gozar na xornada de reflexión co concerto final de A Coruña Son, hoxe votamos pola música feita para compartir.
Traemos algunhas das novidades de A Regueifa Plataforma, saudamos aos votantes vascos, máis novidades desde a Florida e Alemaña, e un novo concurso de C'mmons baby!
O premio: un lote de merchandising baby! (camisola + 3 chapas) e o CD-single dos Keyboard Rebel (My Lordship) a sortear entre os que respondan a unha sinxela pregunta, Como se chama o album debú dos Keyboard Rebel? Manda a túa resposta ao noso correo ictioscopio[arroba]gmail.com e sorte! Enlaces relacionados: A Coruña Son; A Regueifa Plataforma; Seiurte no Jamendo; Rack & Ruin Records; Aaah! Records; Corpid.


27. C'mmons baby! #26 (a corunha son 2009)
Array download (audio/mpeg, 31.03Mb)

Description:

commons baby 26 (a coruña son 2009)
Emisión dedicada en exclusiva á 2º edición do certame de creación de canción popular A Coruña Son, organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e co apoio da Radio Galega. Para falarnos sobre o tema entrevistamos a Tati Mancebo, de Algueirada, promotora do certame. Enlaces relacionados: Algueirada; A Coruña Son; Santiago Auserón, Curtas na rede.


28. C'mmons baby!#25 (a candeloria)
Array download (audio/mpeg, 33.84Mb)

Description:

commons baby 25 (a candeloria)
Vixésimo quinta emisión, véspera da Candeloria, día de casar os paxuriños e antesala da primavera. Festa da luz, os días xa van medrados e as tardes fanse máis longas, e aínda que iso acontece desde decembro, é nesta época cando, marchando a chuvia invernal, máis se nota a claridade. Enlaces relacionados: A candeloria; Quimera records; Merzbau; The Dada Weatherman; Lost-Mind ed; Jamendo; Lo ve hurts no Urbanaque; The Wedding Soundtrack en Another Record; 1984 en trastienda.org ; promocioname.net.

29. C'mmons baby! #24 (fillas de eva)
Array download (audio/mpeg, 30.42Mb)

Description:

commons baby 24 (fillas de eva)
Rematabamos o anterior c'mmons baby! agardando por eva nunha cabana nun sitio fermoso e tranquilo; desta volta imos escoitar outras evas, outras mulleres que nos traen as súas músicas e as súas voces, ás veces sóas, ás veces con compaña.
Enlaces relacionados: In a cabin with...; Corriente s no jamendo.com; Series; Birdsong netlabel; Quimera records.


30. C'mmons baby! #23 (in a cabin with...)
Array download (audio/mpeg, 29.54Mb)

Description:

commons baby 23 (in a cabin with...)
Primeira emisión deste 2009 que comeza revolto, belicoso, empobrecido e de futuros incertos. E con este agoiros o que máis nos vai prestar é fuxir a unha cabana nalgún lugar illado, calmo e fermoso. In a cabin with...é o fabuloso proxecto do estudio de gravación dos Países Baixos The Green Motel. A idea é meter músicos que non traballaran xuntos antes nunha cabana durante 7 ou 10 días a facer cancións, para despois publicar para descargar libremente na súa web.
Enlaces relacionados: The Green Motel; Erny Green; Thickshag & Marty; Neonbelle; Arthur Adam; Chop Wood; Les Blaireaux; Una Bergin.


31. C'mmons baby! #22 (o mundo enteiro)
Array download (audio/mpeg, 30.95Mb)

Description:

Queremos, neste programa final do ano, e neste tempo no que se fala de amor e fraternidade entre pobos, percorrer o mundo enteiro, os cinco ou seis continentes, para espallar este sentimento de compartirdun recanto a outro do mundo; construindo pontes e ligazóns culturais e musicais. Enlaces relacionados: Jamendo; Delhotel; Gepe no myspace; Al Unísono (documentario sobre Gepe e Javiera Mena); Quema su cabeza; Yes No Wave Music; A Regueifa Plataforma; Mike Cobb & The Crevulators.


32. C'mmons baby! #21 (recuncadores)
Array download (audio/mpeg, 27.93Mb)

Description:

commons baby 21 (recuncadores)Coa voz rouca, achegamos, nesta nova emisión, un feixe de artistas que dun xeito ou doutro xa pasaron por c'mmons baby! Uns traen novos discos e outros un adianto do que van lanzar nos vindeiros meses.

  • Brad Sucks. Dropping out of school
  • Brad Sucks. Out of it
  • b fachada. Tradição
  • b fachada. Faz me bem a mim e mal ao...
  • Fresh Body Shop. My artificial sun
  • Fresh Body Shop. The Ugly Army
  • The Dots. Been a time
  • The Dots. It doesn't matter
Enlaces relacionados: Merzbau; Jamendo.


33. C'mmons baby! #20 (portugal, aí ao lado)
Array download (audio/mpeg, 23.39Mb)

Description:

commonsbaby20 (portugal, aí ao lado) Programa número vinte. Cumprido un ano, viaxamos, xa era tempo, pola escea portuguesa das músicas libres. Veunos á cabeza o facelo despois de chegar a nós o paquete en promoción (4 discos por 20 €) do netlabel Merzbau, e de descubrir un novo podcast portugués que coma nós fala destas músicas copyleft: Marca Branca, que descubrín grazas ao excelente blog Beats Play Free.
Non todo vai ser arroz e bacalhau, non? Enlaces relacionados: Portugal underground; Bump Foot; Merzbau; Lástima; Marca Branca; Beats Play Free.


34. C'mmons baby! #19
Array download (audio/mpeg, 23.07Mb)

Description:

commonsbaby19 (era uma vez)
Hoxe traemos un c'mmons baby! de conto para celebrar o noso primeiro aniversario, quei voa o tempo!

Temos príncipes-vaqueiros azuis, lobos mouros, e unha princesiña de ollos verdes; músicas libres de todas as cores. E de remate unha banda italiana que nos contactou no correo-e para sair neste recuncho, e fixémoslle un oco nesta emisión.

Enlaces relacionados: The Singletons no myspace; Dallas Kincaid en jamendo; Franc3s no myspace; A Regueifa Plataforma; aaahh records; Confusion is next no myspace; trastienda.org.


35. C'mmons baby!#18 (mike cobb & the crevulators)
Array download (audio/mpeg, 38.81Mb)

Description:

mike cobb Nesta nova emisión achegamos un resumo da longa conversa que botamos o pasado verán con Mike Cobb, cantante e líder dos Crevulators< /a>, establecido en NY e, cousas veredes, casado cunha galega.

Let's rock'n'roll!

Enlaces relacionados: The Crevulators no myspace; you are not stealing records; Semilla; NPR Radio.



36. C'mmons baby!#17 (homes e planetas)
Array download (audio/mpeg, 26.32Mb)

Description:

commonsbaby16 (mahalab)
Despois da pausa de verán e as mudanzas de moradas... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel e outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby! Enlaces relacionados: Bo y Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.


37. C'mmons baby!#16 (mahalab)
Array download (audio/mpeg, 37.37Mb)

Description:

commonsbaby16 (mahalab)
Hoxe C'mmons baby! torna internacional cunha entrevista alén mar; viaxamos até Brasil para falar con Jamila Maia, cantante dos Mahalab (São Paulo), que lanzaran hai pouco o seu terceiro disco sob licenzas creative commons na jamendo.com. Unha conversa muito gostosa, onde descubrimos que se cadra a música pode transformar o mundo.
  • Mahalab. Solar
  • Mahalab. Portas
  • Mahalab. Salam
E despedimos C'mmons baby! até setembro, pasai un verán legal! Enlaces relacionados: Mahalab no myspace, na jamendo.com< /a>, en trevista en Música Livre na Webrádio; Mombojó; The Wavers na jamendo.c om


38. Sorteo do concurso Kara.o.ke!
Array download (video/vnd.objectvideo, 3.82Mb)

Description:

Saúdos!

O gañador do concurso Kara-o-ke foi.... trrrrrr trrrrr trrrrr Opaco!! Parabéns ao gañadorrr!!!

Graciñas mil a Carlos e a Fran por ter participado tamén no concurso e desculpaime pola tardanza en facer o sorteo. E obrigado a centos e moreas tamén a Carlos Valcárcel pola súa amabilidade, cedernos o cd e asinalo con tanto agarimo.

Subo o vídeo do sorteo para que se vexa que foi "sen trampa nin cartón" :)

Beixos e apertas para todos!!



39. C'mmons baby!#15 (santos, mortes e resurreccións)
Array download (audio/mpeg, 22.49Mb)

Description:

commonsbaby15 (santos mortes e resurrecions)
Despois da estensa entrevista a Projecto Mourente e a pausa radioceánica, regresamos con noticias e máis músicas interesantes.
Despedimos ao netlabel Holy Rook, que deixa a súa actividade; dámos a benvida ao regreso activo de Error! lo-fi e a súa nova web con lonxa en liña; descubrimos unha enérxica banda de reggae-ska do norte de Italia grazas ao novo compilado de NetBloc; o fío lévanos até Cascais desfrutar de b (fachada) e o seu pop erudito; e recuperamos unha faixa muito fixe dunha banda de Philadelphia xa desaparecida, os Rifle Nice.
Non esquezades que ainda está en marcha o concurso de Kara.o.ke.

Enlaces relacionados: Holy Rook, Carmen Burguess, Tomás Nochteff; Green.Means.Love no myspace, Error! lo-fi; Men in route no jamendo .com, NetBloc; Merzbau; Rifle Nice no myspace, Jody Hamilton.

NOTA: Ando apirolado, e onde dixen NetBloc, quería dicir BlocSonic.



40. c'mmons baby!#14 (projecto mourente - kara.o.ke)
Array download (audio/mpeg, 64.00Mb)

Description:

commonsbaby12 (demos e sementes)
Con algún día de atraso traemos unha estensa e interesante entrevista con Carlos Valcárcel, alma nai de Projecto Mourente, que hai poucas semanas lanzou o seu segundo disco: Kara.o.ke. Maravillosa conversa de case de dúas horas, que resumimos á metade con cancións engadidas, para descubrirmos algúns dos segredos da produción deste agardado lanzamento e algunhas curiosidades e revelacións deste grande artista amador.

brimos tamén un concurso!! Sorteamos un cd de Kara.o.ke asinado polo propio Carlos Valcárcel entre todos os que respondan correctamente á pregunta: Que é e onde está Mourente?

(e para que vexades que somos bos, imos axudarvos cunha pista, que podedes atopar aqu 37;.)
Desculpai o ruido de fondo que metían uns alumnos que preparaban un traballo deixado para última hora nas mesas do lado. Outras veces que pasamos por El nido del cuco non había tanto balbordo. Agardamos ter mellor son noutras entrevista.

  • Projecto Mourente. Demasiado Popi
  • Projecto Mourente. Controla-te
  • Projecto Mourente. Cobro em B
  • Projecto Mourente. Vamos queimar París
Enlaces relacionados: Projento Mourente; A Regueifa.


41. c'mmons baby!#13 (demos e sementes)
Array download (audio/mpeg, 22.75Mb)

Description:

commonsbaby12 (demos e sementes)
Regresamos despois da nosa viaxe por Arxentina endemoniados cun novo disco libre dos Nine Inch Nails; descubrimos aos portugueses Les Triple, presentamos o terceiro disco de Mahalab, un trio de São Paulo que buscar curar o mundo coa música; traemos un novo netlabel especializado no jazz e a súa primeira referencia: Surpriscording do saxofonista Hugo Droopy Contini.e despedimonos cunha banda belga, Papa Dada, que topamos grazas ao podcast Eclectia.
Enlaces relacionados: Portugual Underground; Raw Bounce Records; Jamendo.com; Eclectia.


42. C'mmons baby! #12 (Argentina, Argentina!)
Array download (audio/mpeg, 26.36Mb)

Description:

commonsbaby11 (argentina, argentina)
Estamos de volta!
Despois da estrea en Radio Oceánica (obrigado Sak) regresamos para viaxar, desta vez si, até a Arxentina. Primeira achega especial a un país cheo de músicas diversas e mergullado tamén no conflito do cánon dixital. Deitamos pistas que vos servirán para iniciarvos nos hetereoxéneos camiños da música baixo licenzas abertas na terra berce do tango.
Enlaces relacionados: Zona Indie, escolma Canciones Pegajosas; PlanetaX; Lastrax no myspace; NullRepublik; Argentinafolclore.c om; o blog de Mister America.


43. c'mmons baby! #11 (nincompoopeando)
Array download (audio/mpeg, 21.07Mb)

Description:

cmmonsbaby11 (nincompoopeando)
Queriamos ter viaxado hoxe até a Arxentina, mas non chegaron en tempo as reservas. Por tanto, imos improvisar un c'mmons baby! con cancións para namorar, escachar, aspirar, sentir, beber e nincompoopear.
Enlaces relacionados: Lüdmilä no myspace; Another Record; HolyRook; dpop.es; Fresh Body Shop no last.fm, no jamend o.com; Grandes Éxitos de Novedades Carminha; A Regueifa; Josh Woodward no last.fm.


44. c'mmons baby! #10 (luns e aluados)
Array download (audio/mpeg, 28.04Mb)

Description:

luns e aluados

Os luns adoitan ser días treboentos e fodidos, comeza a semana e hai que traballar... A lúa alúa e fainos tolear, mais tamén é certo que preto da tolemia é onde se acha a inspiración. Sube ao noso foguete espacial, despegamos!

Dicimos bachibozuk e jamacuco por causa dun xeito de meme podcasteiro lanzado por Dani Aragay que nos pasaron os rapaces de Sounds OK, e nós despexamos de puños cara emilcar, porque dixo que a promo que lle gravamos para Pataca minuta era espantosa. Os palabrejos que terá el que dicir son: viva e pataca.

Enlaces relacionados: International Songwriting Competition, greed recordings, Josh woodward no last.fm, blocSonic, trastienda.org.



45. c'mmons baby! #09 (in memoriam John Balan + novidades galegas)
Array download (audio/mpeg, 29.37Mb)

Description:

in memoriam john balan e novidades galegas

Con atraso, por causa de problemas de saúde (nada grave), chegamos cun c’mmons baby! especial dedicado ao recentemente falecido home-orquestra John Balan e ás novidades do panorama musical libre galego. É tamén máis longo do común, aínda que andamos cismando en facelo desta nova duración próxima aos 30 minutos para ter máis tempo para a música. Desculpai a voz algo tomada e tristeira, cousa do catarro.

Damos aviso do chamado que fan Fuzquenlla e Esquíos aos grupos galegos autoeditados para asociarse e facer forza común á marxe dos circuítos comerciais e a SGAE.

Falamos do novo disco d’Os Chiquilicuatres distribuido nun pendrive, e do resultado do certame A Coruña Son ’08.

Queremos aproveitar para lembrar que temos abertas as portas aos artistas que publiquen baixo licenzas libres para axudalos, no que poidamos, a espallar a súa música; quen queira contactar con nós pode facelo en ictioscopio[arroba]gmail[ponto]com ou deixando un comentario no blog.

Pequeno abrazo tamén, e agarimo, para a amiga Lourixe, que perdeu días atrás ao seu pai ...abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim.

  • Dandy Fever. John Balan
  • Dandy Fever. Baila ska
  • Esquíos. Un tipo normal
  • Os Chiquilicuatres. Tres tragos
  • Détour. Violoncello
  • Novedades Carminha. John Balan song

Enlaces relacionados: Dandy Fever, no myspace; Gzcrea; Esquíos; Fuzquenlla; Komunikando.net; Os Chiquilicuatres; Détour; Novedades Carminha, no myspace; A Coruña Son; John Balan, no youtube.



46. c'mmons baby! #08
Array download (audio/mpeg, 33.37Mb)

Description:

angil syncfilmico sortie guys  from the caravan

Despois dos especiais regueifeiros, retomamos o fío e a nosa frecuencia cotiá de saír cada quince días.

Foron días estes de moito movemento na música licenciada baixo copyleft, falamos o mínimo necesario para contar o máis sobranceiro. Agradecemos ao selo Unique Records da Franza a súa amabilidade e bo trato e falamos da súa iniciativa de agasallar cun compilado CD + DVD conmemorativo dos seus 5 anos de traballo pola compra dalgún dos seus paquetes en promoción. Tamén viaxamos até Arxentina para presentarvos dous dos máis recentes lanzamentos dese país tan achegado a nós. Despois, retornamos á península, ao irmán Portugal, para presentarvos unha faixa muito fixe que nos traen os mozos da caravana, dous lisboetas que cantan en inglés.

Non esquezades ir votar!

  • Angil & Hidd#ntracks. In Purdah
  • Sync Filmico. Mercurio
  • Sortie. Nada Bien
  • The Guys from the Caravan. The guy from the caravan

Enlaces relacionados: Angil & The Hidd#ntracks, no myspace, oulipo; (we are) Unique Records; Sync Filmico, no purevolume, no myspace, o seu blog; Zona Indie; Canciones Pegajosas; Sortie, no purevolume, no myspace; The guys from the caravan, no myspace< /a>; Rasarte, o seu podcast; Rascunho; NIN.



47. c'mmons baby! #07b (A Regueifa Plataforma)
Array download (audio/mpeg, 35.58Mb)

Description:

Berlin, Maria Lado, David Rubin, A RegueifaEis a continuación da entrevista feita a Noel Feáns nos días pasados. Nesta segunda parte falamos tamén do caixón non-musical da Regueifa; de Fanny e Alexander, o dúo musical que Noel desenvolve xunto con Efi Arias; e da revista en liña Sono-Tone. Acompañan a conversa cancións dos últimos lanzamentos do netlabel, Vale Tudo e Ataque Escampe, un tema do segundo disco de Fanny e Alexander e rematamos cos brasileiros Luisa Mandou um beijo.

  • Vale Tudo. La Maleza
  • Ataque Escampe. Akira Toriyama
  • Fanny e Alexander. Cando eu era mozo
  • Luisa mandou um beijo. Amarelinha.

Enlaces relacionados: A Regueifa; Sono-Tone; Vale Tudo; Ataque Escampe, no myspace; Fanny e Alexander, no myspace; Luisa mandou um beijo, no myspace ; The Homens; María Lado; David Rubín.



48. c'mmons baby! #07a (A Regueifa Plataforma)
Array download (audio/mpeg, 30.93Mb)

Description:

A Regueifa Estreamos nova xeira en c’mmons baby! (emitindo xa en galego) coa primeira parte da entrevista que lle fixemos hai uns días a Noel Feáns, rexedor de A Regueifa Plataforma, netlabel sobranceiro da escea musical galega, e algo máis. A conversa, gravada no pub Bolengo Pop, de case unha hora dividímola en dúas partes para facelo máis ameno; a segunda parte chegará na vindeira fin de semana. Estas dúas emisións van ser algo máis extensas dos 20-25 minutos que adoita durar c’mmons baby! e a calidade da gravación non é moi alá, mas consideramos que con todo paga a pena a entrevista. A música póñena dous dos últimos lanzamentos da Regueifa e un dos seus grandes descubrimentos.

  • Capitán Furilo. Beat
  • Quant. Dollars in her eyes
  • Projecto Mourente. Que me enterrem na discoteca

Enlaces relacionados: A Regueifa Plataforma; Capitán Furilo; Quant, no myspace; Projecto Mourente, no myspace; ouvirmos; Café-Pub Bolengo Pop.



49. c'mmons baby! #06 (les dangers du rock'n roll)
Array download (audio/mpeg, 21.77Mb)

Description:

sam, thierry blanchard, blanks.Después de darle al rock’n’roll y al blues, desde Francia non advierten de los peligros del mismo de forma divertida, al tiempo que combativa en favor de las licencias abiertas.

Terminamos anunciando cambios en C’mmons baby! a partir de la próxima emisión. Tras darle vueltas y consultarlo con Corso, coordinador de Ego99, haré lo que desde un principio me apetecía, locutar en galego. Sé que algunos pueden dejar de escucharlo, espero que no sea así; C’mmons baby! es un espacio para la música, y el idioma de difusión no lo veo tan importante, de hecho, yo escucho podcasts musicales en inglés y portugués, y no siempre entiendo todo lo que dicen los locutores, pero sí me gusta la música que pinchan, y así descubrí nuevos autores que de otro modo desconocería. Además, creo que para los castellano hablantes no debería ser demasiado complicado entender el galego, y lo mismo para algún portugués que caiga por aqui; considero así que lejos de cerrar puertas a la audiencia, lo que hago es abrirlas. En fin, espero que no os resulte muy traumático ;)

Y como guinda, otro de los descubrimientos del recopilatorio de Metawelle (SSL Vol. 1, donde ya encontramos a The Dots), son estadounidenses, se llaman Blanks., y con ellos inauguramos la sección “Uma faixa muito fixe!” donde iremos presentando canciones con alma de hit, de esas que te enganchan a la primera escucha.

  • Sam et Thierry Blanchard. Sur un chappy
  • Sam. Télécharger c'est illégal
  • Thierry Blanchard. Superstar
  • Blanks. Pouncer

C’mmons byebye!

Enlaces relacionados: Sam; Thierry Blanchard, en J amendo; Les Grandes Roues; Jamendo; Blanks.; Endless Recordings; Metawelle.



50. c'mmons baby! #05 (rock & blues)
Array download (audio/mpeg, 23.61Mb)

Description:

dr. frankenstein, mississippi alligators, the crevulators
Aún con la voz convaleciente después de la estupenda fiesta blogomilleira, donde common boy pinchó por primera y única vez en su vida. Traemos hoy un c'mmons baby! rockanrolero en conmemoración del pasado 8 de enero, septuagésimo tercer aniversario del nacimiento de Elvis Presley. Y también desvelamos el resultado del concurso de Odran Trummel que abríamos en el episodio anterior.

  • Dr. Frankenstein. Cat's eyes
  • The Crevulators. State of mine
  • Mississippi Alligators. Me enamoro fácilmente
  • Odran Trummel. The Dutchman
Enlaces relacionados: Dr. Frankenstein; The Crevulators, en myspace; Mississippi Alligators, en myspace< /a>; you are not stealing records; la mundial.net; odran trummel


51. c'mmons baby! #04 (oro, incienso y mirra)
Array download (audio/mpeg, 17.19Mb)

Description:

paola vaggio, animic, odran trummel

Con algo de retraso, y aun con rescoldos navidenhos, este Dia de Reyes venimos cargados con oro, incienso y mirra.

Nos acercamos por fin a la peninsula, en concreto a Barcelona, donde nuestra fabulosa y buena amiga Paola Vaggio nos regala una diminuta pero deliciosa cancion navidenha, y el grupo Animic celebra, como ya empieza a ser costumbre, estas fechas con un EP de villancicos. Por ultimo, volvemos con Odran Trummel, con un estupenda cancion de su disco debut, Down Louishill, del que vamos a regalar un ejemplar entre todos los que respondais a una sencilla pregunta: Cual es la nacionalidad correcta de su padre y cual fue la que erroneamente dije en el c'mmons baby! #03? (mas detalles escuchando el episodio, pista).

  • Paola Vaggio. Diminuto
  • Animic. Jingle bells
  • Odran Trummel. Sitting on a powderkeg

Enlaces relacionados: Paola Vaggio, su podcast; Animic, en myspace; Odran Trümmel, en myspace; Another Records, Error! lo-fi.



52. c'mmons baby! #03
Array download (audio/mpeg, 23.71Mb)

Description:

Yamamoto, Odran Drummel, Kotki Dwa, Angil

Tercera entrega, esta vez improvisada casi sobre la marcha. Fallaron los planes, pero los retomaremos mas adelante. Salio mas navideno de lo que pensaba, aunque de "aquella manera", claro.

  • Yamamoto. Stargaze
  • Odran Drummel. Mayonnaise
  • Kotki Dwa. The Supermarket
  • Angil and The Hiddntracks. Begining te fall.

Y con esto y un bizcocho... nos vemos, nos escuchamos, en 2008! c'mmons byebye!

Enlaces relacionados: Yamamoto, en myspace; Odran Drummel, en myspace; Kotki Dwa, en myspace; Angil, en myspac e; Poni Republic; Another Records, Unique Records; Ike Janacek; Penny Broadhurst.



53. c'mmons baby! #02 (half asleep)
Array download (audio/mpeg, 21.29Mb)

Description:

Half Sleep
En esta segunda emision damos un giro musical de 180. Seguimos en Europa, pero nos desplazamos mas al oeste, hasta Bruselas (Belgica), para sumergirnos en el proyecto musical de Valerie Leclercq: Half Asleep.

Las notas de Valerie se convierten en gotas (una nota una gota) de esa lluvia menuda, tan gallega, orballo, poalla, mocallo, calabobos... cala a los bobos porque es tan suave que piensas que no te va a mojar, y cuando por fin te das cuenta estás encharcado de lluvia; y llegas a casa, te quitas la ropa empapada, y desnudo frente al espejo descubres que tu cuerpo y tu sois apenas un cuarto de lo que de verdad te gustaria ser, y un cuarto es muy poco... pero es bastante más que nada.

  • Morning Blur (Palms and plums)
  • Dinvisibles courtisants (We are now seated in profile)
  • Un quart (We are now seated in profile)
  • Morning dust soon (We are now seated in profile)

Sono de fondo Romarin (Palms and plums).

Enlaces relacionados: Half Asleep, en MySpace, Oriane Leclercq, hinah.com, matamo re, another record, unique records, fotos de conciertos, gravacion en directo.



54. c'mmons baby! #01 (the dots)
Array download (audio/mpeg, 18.22Mb)

Description:

The DotsComenzamos!

En la madrugada del 31 de octubre al 1 de noviembre, umbral entre muertos y vivos, segun la tradicion. Precisamente porque c'mmons baby! nace de las cenizas del muerto, aunque aun no enterrado Podfabs! Intento asi un conjuro que de buena suerte a este nuevo espacio sonoro producido para la Ego99 . Que las coloridas catrinas me inspiren y me den suerte.

Empezamos con The Dots, grupo aleman de british garage con un toque country.

  • C'mmon babe
  • Royal sympathy
  • Is it you
  • Judith, you did it
  • Real good time

Enlaces relacionados:

The Dots,Dr. Valentine & His Heartache Band, Metawelle, SSL vol. 1, The Homens, Quant, Luisa mandou um beijo.

c'mmons baby! light my player!



55. probando, probando
Array download (audio/mpeg, 1.73Mb)

Description:

Empezamos a hacer las primeras pruebas para la sintonia de cabecera con el que sera la cancion-himno de c'mmons baby! y asi de paso, probamos el feed.

The Dots. c'mmon babe.